ALCALDÍA

O alcalde di que as escolas municipais de Conxo e Fontiñas "garanten unha maior posibilidade de elección aos cidadáns"

11/04/2008 O alcalde tamén se pronuncio una rolda sobre un dos temas da semana, as escolas infantís de Conxo e Fontiñas. Tal como indicara a propia concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, reiterou que as dúas "seguirán sendo escolas infantís municipais".

Indicou que "así se garante unha maior posibilidade de elección ao cidadáns", así como a vontade municipal de "seguir reclamando a Vicepresidencia o apoio económico que lles viña prestando". De non manterse este apoio, o Concello asumirá a contía desta achega para garantir o funcionamento como escolas municipais destes centros.

Sobre a situación actual das dúas escolas, Sánchez Bugallo afirmou que "en marzo, abril e maio o Concello achegará unha cantidade para minorar o efecto da perda desa subvención, pero isto debe regularizarse". De aí que se lle pedira ás empresas adxudicatarias un informe económico que determine as consecuencias económicas da desaparición desta achega da Xunta. Este informe está a ser estudado polos servizos económicos do Concello.

Cara aos vindeiros catro cursos, o Concello convocará un novo concurso, no que garantirá o orzamento para as dúas escolas infantís. No caso de que a Vicepresidencia da Xunta retomara o seu apoio ás escolas municipais, a subvención sería percibida directamente polo Concello. É vontade municipal que na nova adxudicación se puidera garantir a permanencia dos mestres actuais nas dúas escolas.

Compartir: