ALCALDÍA

Sánchez Bugallo: "Non haberá problemas orzamentarios para rematar o túnel da Galuresa antes do 2010"

11/04/2008 O alcalde compostelán apuntou en rolda de prensa que "non haberá problemas orzamentarios para rematar o túnel da Galuresa antes do 2010". Así llo aseguraron a Xosé A. Sánchez dende o Ministerio de Fomento, na semana en que se abriron as plicas para adxudicar a obra.

Sánchez Bugallo indicou que o túnel de Galuresa estará acabado "canto antes sexa posible tecnicamente", pero que non habería problema en canto ás partidas orzamentarias para finalizar a obra antes de 2010. En calquera caso, agarda que "en dez ou quince días estea rematado o proceso de adxudicación", así como ao nomeamento dos novos responsables de Fomento para volver a falar do tema. Ademais, lembrou que as obras se realizarán mantendo os dous sentidos de circulación.

Á marxe da apertura das plicas para o túnel do Hórreo, o alcalde tamén mostrou a súa satisfacción pola adxudicación polo Ministerio de Medio Ambiente doutra importante obra para a cidade, o segundo tramo do colector.

Rexistro Mercantil
O alcalde tamén se pronunciou sobre o Rexistro Mercantil e declarouse "satisfeito co resultado", aínda que desexaría que "o camiño percorrido tivera sido máis sinxelo". Así, lamentou certos "comportamentos atípicos" que retrasaron a súa apertura nos últimos meses.

A previsión de Bugallo é que "a semana que vén quede resolto este tema, coa apertura do Rexistro nunha ubicación provisional, á espera de ter lista a definitiva".

Compartir: