CULTURA

Continúa o ciclo Teatro + Danza en Xira con "13 rosas"

10/04/2008 O venres 11 de abril, ás 21:00 horas, continúa o ciclo Teatro + Danza en Xira no Auditorio de Galicia, coa representación da obra 13 rosas pola Compañía Arrieritos, dirixida Florencio Campo.

13 rosas é unha homenaxe a todas as vítimas inocentes das guerras e de tantas situacións nas que o ser humano é aniquilado sen xustificación. Na madrugada do 5 de agosto de 1939, máis de sesenta xoves foron fusilados acusados dun atentado, pero o seu único delito era pertencer ás xuventudes socialistas unificadas. Entre os fusilados había trece mulleres. A obra, que tamén foi rexistrada para o cinema, pretende contribuír a que os seus nomes non se borren da historia.

A representación ten lugar con música en directo na sala composta por Héctor González e con Gabriel García Martínez na dirección orquestral. O reparto conta con: Mara Rey, Ascensión Angulo, Antonia Jiménez, Pepa Molina, Ana Romero, Elsa Rovayo, Esperanza de la Vega, Lourdes Más, Tomy Ojeda, Patricia Torrero, Tacha González, Elena Santoja, Sonia González, Mar López, Andrea Quintana, Patricia Ruz e Héctor González.

Compartir: