MOCIDADE

Mocidade organiza as Xornadas e obradoiros de estratexia e rol

28/03/2008 A Praza Roxa será o escenario onde se desenvolvan as Xornadas e obradoiros de estratexia e rol o sábado 29 de marzo, en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas. Esta actividade é organizada pola Concellería de Mocidade e polo colectivo Zónula Catro.

Esta iniciativa pretende promover un tipo de xogos de rol e de estratexia que de xeito lúdico estimule a creatividade e a imaxinación. O obxectivo é crear un punto de encontro para a xuventude nun espazo apropiado, como é o Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, na rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16. A participación é libre e de balde.

Nestas xornadas haberá un taller de construción de escenografías, partidas de xogos de estratexia e exhibición de miniaturas de rol e xogos de estratexia. Se o tempo non permitise a actividade na Praza Roxa, realizaríase no centro do Ensanche.

Torneo de Warhammer Fantasy
A promoción deste tipo de xogos de rol e estratexia completarase o sábado 5 de abril, tamén no Ensanche, co torneo Warhammer Fantasy. As partidas desenvolveranse ao longo de toda a xornada, acompañadas de talleres de pintado de miniaturas e de exhibicións doutros xogos de rol.

Compartir: