CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Rede de Centros Socioculturais oferta un programa de vinte excursións

28/03/2008 O programa de excursións ofertados pola Rede de Centros Socioculturais para o 2008 componse de 20 excursións, 15 delas dun día e seis máis de varias xornadas. Confeccionado a partir das peticións dos propios usuarios, este calendario de viaxes estenderase de abril a decembro e está aberto a todas as idades.

O concelleiro de Centros Socioculturais, Néstor Rego, presentou este programa, que se abre o sábado 5 de abril cunha excursión a Pontevedra, Soutomaior e Arcade. O obxectivo é seguir incrementando o número de usuarios que se suman a estas viaxes e que en 2007 foron 1.300, que participaron nas 19 excursións programas. Neste 2008 serán 20 as viaxes.

As viaxes de varios días realizaranse a Zamora (26 e 27 de abril), a Oscos (17 e 18 de maio), a Cuenca (do 26 ao 29 de xuño), ao Xurés-Geres (20 e 21 de setembro), a Andalucía (do 1 ao 5 de outubro) e a Ciudad Rodrigo, Alberca e Salamanca (22 e 23 de novembro).

As excursións dun día teñen un prezo de 10 euros para socios e de 15 euros para non socios, excepto a das Illas Cíes. Esta, máis as de varios días, teñen prezos específicos.

Compartir: