DÍA DA MULLER

Rematan os actos do Día Internacional da Muller

10/03/2005 No marco do Día Internacional da Muller, celebrado o 8 de marzo, o Departamento da Muller segue a organizar diversos actos culturais para os próximos días.

Con motivo do Día Internacional da Muller, o venres 11 ás 22 horas, a sala Nasa acollerá o espectáculo "ARQUETIPAS: Cabaret de cómicas galegas". Este espectáculo "gamberro" e "políticamente incorrecto", como elas mesmas o definen, estará coordinado e presentado por Marta Pazos e Emma Silva. Por el desfilarán un nutrido grupo de actrices galegas, entre outras, Paula Carballeira, Patricia de Lorenzo, Ursía Gago e Pilar Pereira. A entrada para este espectáculo é de balde, e pode recollerse nas oficinas da Concellería da Muller (Praza da Constitución, 1).

O luns 14 de marzo está prevista a actuación da Compañía Sapristi, que representará a obra "Hotel Run" ás 22 horas, na Sala Yago, e tamén de balde. Nesta obra, Nuria Sanz e Patricia Vázquez son dúas irmás que fan por cumprir a última vontade do seu difunto pai: espallar as súas cinzas nun lugar pouco usual dun establecemento de dubidosa reputación.

Compartir: