ALCALDÍA

Especialistas en Historia Moderna debaterán en Santiago sobre o mundo urbano na Ilustración

25/03/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á catedrática de Historia Moderna da Facultade de Xeografía e Historia da USC, Ofelia Rey. Ambos falaron dos detalles da X Reunión da Fundación Española de Historia Moderna, que se desenvolverá en Santiago e Ferrol entre os días 11 e 13 de xuño de 2008.

Os máis destacados especialistas no estudo da Idade Moderna acudirán a Compostela a unha xuntanza que se estrutura en torno a dous temas: o mundo urbano no século da Ilustración e o mar nos séculos modernos. Relatorios, comunicacións e un programa cultural paralelo integran este evento, que servirá de marco tamén para a Asemblea da entidade, que cumpre vinte anos.

A Fundación Española de Historia Moderna ten a súa orixe en 1988, como resultado do cambio xurídico da Asociación Española de Historia Moderna. Realiza un amplo labor en prol do modernismo a través de publicacións e reunións científicas, e mantén ao conxunto dos seus membros de la Fundación ao día de todas as novidades e estudos relacionados coa Historia Moderna.

Compartir: