FESTAS

O Día das Bandas chega á súa 27ª edición

19/07/2005 Desde o 1979, bandas de música de toda Galicia celebran o seu día durante as Festas do Apóstolo de Santiago. Este ano, o Día das Bandas celebrarase o 26 de xullo.

O programa, patrocinado por Caixa Galicia, dará comezo na Praza da Quintana arredor das 11.45. Desde 1979, foron unhas 100 bandas as que pasaron por Compostela para celebrar o seu día, que a unha media de 40 músicos por banda, resultan 4.000 músicos galegos.

Está previsto que ás 11.45 horas cheguen á Praza do Obradoiro as Bandas, que sairán tocando desde a Praza da Quintana. Ás 12.15 recibirán o Saúdo do Alcalde, ao que a Banda de Santiago respostará cun Saúdo musical. Logo, opresentador do acto dará a benvida ás Bandas, que responderán cun acorde. Finalmente, as Bandas interpretarán conxuntamente o Himno Galego.

De 13 a 14.30 horas, haberá un pasarrúas pola zona monumental. Ás 18 horas terá lugar un concerto na Rúa do Vilar no que cada Banda disporá de 15 minutos para interpretar as pezas que elixa.

Compartir: