URBANISMO

Péchanse os acordos con todos os propietarios do SUNP-14 de Tras Paxonal

17/03/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu un novo consello de administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EMUVISSA) no que, entre outras cuestións, se lle formulou unha proposta de convenio de mutuo acordo expropiatorio ás últimas propietarias afectadas polo sunp-14 de Tras Paxonal. Aceptada esta proposta de realoxo polas afectadas, quedan pechados os acordos co 100% dos propietarios deste solo.

O consello de administración tamén aprobou a formulación das contas anuais do exercicio 2007. Deste informe extráese que durante o ano pasado, a actividade desenvolvida por EMUVISSA produciu uns ingresos por xestión de 19.752.496,92 euros. Desta cantidade, 158.665,28 euros foron beneficios, dos cales se van a destinar á reserva legal obrigatoria 15.866,53 euros e á reserva estatutaria 142.798,75 euros.

Con estes resultados, EMUVISSA queda con 1.872.078,52 euros de fondos propios, dos que 512.062,31 son capital social e 1.360.017,21 euros son reservas.

Compartir: