URBANISMO

O Concello solicita unha masa común para o futuro cemiterio de Sabugueira

17/03/2008 O Goberno local acordou solicitar á Consellería de Medio Rural a cesión gratuíta dunha masa común da concentración parcelaria en Sabugueira-Carballal. O obxectivo é que esta parcela sirva para a construción do futuro cemiterio da parroquia.

Esta parcela ten unha superficie de 28.105 metros cadrados e está considerada como solo de protección forestal. Cara á súa utilización para "equipamentos ou actividades de interese xeral acordes coa súa natureza urbanística", demándase a súa cesión ao Concello antes de que pase ao banco de terras.

Compartir: