BENESTAR SOCIAL

Máis de 287.000 euros para equipar a Casa das Asociacións de Servizos Sociais

17/03/2008 A Xunta de Goberno aprobou o proxecto-memoria relativo ao equipamento e mobiliario para a Casa das Asociacións de Servizos Sociais. Valorouse en 287.210 euros, e solicitarase unha subvención ao Ministerio de Administracións Públicas (Dirección Xeral de Cooperación) por unha contía de 143.605 euros, o que se supón o 50% do custo total do proxecto.

Ante a próxima entrega do inmoble da Casa das Asociacións de Servizos Sociais, é preciso mercar o mobiliario e o equipamento para a súa posta en funcionamento inmediata. De aí esta partida orzamentaria, que permitirá habilitar as catro plantas (baixo e tres) deste edificio, chamado a ser a sede do tecido asociativo de Compostela.

Cómpre lembrar que o edificio terá na súa planta baixa, ademais da recepción, despachos médicos, estancias de terapia, unha sala polivalente de 142 metros cadrados, vestiarios e un ximnasio de 137 metros cadrados. Na primeira planta haberá unha biblioteca (109, 6 metros cadrados), unha aula de formación e despachos. Na segunda e na terceira distribución será a mesma que na primeira, sen biblioteca.

Compartir: