ALCALDÍA

Compostela prepárase para acoller ás personalidades académicas máis relevantes do mundo económico

13/03/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao presidente da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras, Jaime Gil Aluja. Este informoulles sobre os preparativos da vindeira sesión solemne académica desta corporación, que se celebrará en Santiago o 1 de abril.

Grazas a esta reunión, estarán en Santiago as máis relevantes personalidades académicas do mundo económico e financeiro. Gil Aluja xa lle comunicara ao alcalde, en outubro de 2007, a celebración deste encontro. Agora Concello e Academia colaborarán na coordinación deste evento.

A Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras, con sede en Barcelona, é unha corporación oficial de carácter científico e técnico dedicada á investigación e ao estudo das ciencias económicas e financeiras. Ademais, é unha entidade que asesora a numerosos organismos oficiais e institucións públicas. Acolle tanto académicos españois como destacados correspondentes estranxeiros.

Compartir: