CONSORCIO

Iníciase o procedemento complementario de expropiación para a rehabilitación da Casa do Cabildo

10/03/2008 O Goberno local acordou iniciar, en beneficio do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, o procedemento de expropiación, por taxación conxunta, para extinguir os dereitos existentes no inmoble Casa do Cabildo. Rematado este proceso, o Consorcio poderá iniciar as obras de rehabilitación deste inmoble, situado nos números 5 e 6 da praza de Praterías e no número 1 da rúa da Raíña.

O proxecto complementario contén a descrición dos dereitos afectados, e as follas do prezo xusto individualizadas, que se someterán a información pública polo prazo dun mes. Trátase, en definitiva, de determinar a indemnización que lles correspondese aos afectados. Por un lado, están os dereitos de arrendamento de dous locais de negocio, un de restauración na Raíña número 1 e outro de xoiería no número 6 de Praterías. Polo outro, un dereito de arrendamento para unha antena de telefonía móbil no número 5 de Praterías. A valoración total ascende a 211.965 euros.

Compartir: