ALCALDÍA

A comunidade educativa debate sobre democracia e laicidade

06/03/2008 A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolle do 6 ao 8 de marzo os XXIII Encontros de Educación para a Paz, organizados polo Seminario Galego de Educación para a Paz e nos que colabora a Concellería de Educación.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á conferencia inaugural destes encontros, impartida por Gregorio Peces Barba, catedrático de Filosofía do Dereito da Universidade Carlos III de Madrid. As xornadas xiran arredor do debate entre educación, democracia e laicidade.

Os Encontros contan diversas conferencias e mesas redondas. Pero tamén haberá obradoiros, a actuación musical de No Title e a representación da obra A bomba e o xeneral, de Calo Iglesias, a cargo do alumnado do IES Xelmírez I.

Compartir: