CULTURA

A pianista rusa Valentina Igoshina chega a Santiago para acompañar á Real Filharmonía de Galicia

06/03/2008 A xoven promesa da música Valentina Igoshina repite un ano despois e volve tocar no Auditorio de Galicia xunto á Real Filharmonía. En 2007 sorprendeu ao público compostelán cunha precisa interpretación do Concerto para piano núm. 21 de Mozart. Nesta ocasión atrévese co Concerto para piano núm. 2 de Prokofiev. Dirixido polo mestre Ros Marbà, o programa complétase coa Pavana para unha infanta defunta e co célebre Paxaro de lume, de Stravinsky.

Valentina Igoshina, de 30 anos, comezou os seus estudos co afamado profesor e director do Conservatorio Tchaïkovsky de Moscú, Sergueï Dorensky. Os seus inicios foron xa prometedores, e os seus concertos sucedéronse en Reino Unido, primeiro, para continuar con xiras por Australia, Suíza ou Italia. Últimamamente, foron moi celebrados os seus concertos no Festival Radio, de Montpellier e o Festival Chopin, en Nohant.

Ten feito diversos traballos para prestixiosas firmas coma a Warner Classics, para quen gravou un concerto dedicado a Mussorgsky, "The pictures at the exhibition", e outro a Schumann, "The Carnaval".

Igoshina leva unha estreita relación co cineasta Tony Palmer, co que gravou a música dos seus filmes The Harvest of Sorrow e The Strange Case of Delphona Potocka.

O concerto celebrase o venres 7, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: