MOBILIDADE

O Concello recoñece o labor da Policía Local, Nacional, Bombeiros e Garda Civil no día do Santo Anxo da Garda

01/03/2008 Celebrouse o patrón da Policía Local, o Santo Anxo da Garda. Con tal motivo tiveron lugar na cidade varios actos que contaron coa presenza de distintas autoridades civís e militares.

Os actos comezaron ás 13.00 horas coa celebración dunha misa na Catedral de Santiago. A continuación, o Salón Nobre da Casa do Concello, baixo a presidencia do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, acolleu a entrega de medallas e placas aos membros dos corpos da Policía Local, Nacional, Garda Civil e Bombeiros que se distinguiron pola súa conducta exemplar na súa vida profesional.

Nesta ocasión as Medallas do Corpo da Policía Local de Santiago de Compostela recaeron en:

Manuel Garrido López, que ingresou na Policía Local o 12 de marzo de 1979, xubilándose o 21 de maio de 2001.

Cesáreo Rey Noya, suboficial xefe do Corpo de Bombeiros do Concello de Santiago de Compostela, cargo que leva desempeñando dende hai 22 anos. Ingresou en Bombeiros en 1972

José María Eceiza Díaz, capitán da III Compañía da Garda Civil de Santiago de Compostela.

José Luís Fernández Vázquez, comisario do Corpo Nacional de Policía, xefe da Comisaría de Santiago de Compostela.

Compartir: