EDUCACIÓN

B Vocal ofrece un novo concerto didáctico para familias no Principal

25/02/2008 A Concellería de Educación ofrece un novo concerto didáctico para familias, nesta ocasión en colaboración con Ibercaja. Será o martes 4 de marzo, ás 19:30 horas, no Teatro Principal. Alí estará a compañía B Vocal para interpretar Érase una voz…a Historia. A entrada é de balde.

A función consiste nun espectáculo que percorre os principais estilos artísticos que marcaron as distintas épocas do desenvolvemento da humanidade: a música e a historia, a voz, o humor; primeiras manifestacións musicais; a Idade Media; o Renacemento; o Barroco; o Clasicismo; do Clasicismo ao Romanticismo; o século XIX; os estilos musicais máis importantes do século XX; o jazz; The Beatles; o rock and roll; o pop e o rap. Os alumnos poderán gozar da mellor música de todas as épocas, contada e cantada con simpatía e humor.

O grupo B Vocal leva máis de 12 anos traballando nun estilo musical innovador e sorprendente: co único apoio das súas voces e cunha gran dose de humor e teatralidade, estes cinco músicos aragoneses recrean a sonoridade orixinal de calquera tema musical (baterías, guitarras, metais, melodías...). Cos seus divertidos espectáculos lograron popularizar o estilo da música a capela en España mediante unha combinación perfecta de voces e humor e un repertorio nacional e internacional de gran calidade.

Compartir: