MEDIO AMBIENTE

Solicítase a cesión dunha masa común para a depuradora de Nemenzo

25/02/2008 A Xunta de Goberno local acordou iniciar os trámites de solicitude da cesión gratuíta dunha masa común en Nemenzo-Marantes. Alí está previsto que se constrúa unha nova depuradora de augas residuais.

A solicitude formularáselle á Sociedade Anónima Xestora do Banco de Terras de Galicia (BANTEGAL), que é legalmente a que ten atribuída a súa propiedade. O Concello quere dispoñer desta parcela para a construción da depuradora, cuxa execución corresponderá á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

Compartir: