BENESTAR SOCIAL

Alumnos de estudos sociais do Campus de Ourense realizarán prácticas en Santiago

25/02/2008 O Goberno local aprobou a sinatura dun convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Vigo e o Concello para a realización do Practicum II e III dos alumnos de Santiago de Compostela matriculados en estudos de Traballo Social e Educación Social. En particular, trátase de alumnos que cursan estas carreiras no Campus de Ourense.

Deste xeito, a Concellería de Benestar Social segue a favorecer a realización de prácticas neste campo no Concello de Santiago. De feito, xa se teñen subscrito con anterioridade convenios de colaboración coa Facultade de Educación da Universidade de Santiago e coa Escola Universitaria de Traballo Social.

As prácticas, das que se beneficiarán alumnos do último curso de Traballo Social ou de 2º ou 3º de Educación Social, terán unha duración de 200 ou 340 horas, respectivamente.

Políticas de igualdade
Por outra parte, a Concellería de Benestar Social e Muller solicitou á Deputación Provincial da Coruña unha subvención de 35.971 euros para os servizos sociais e políticas de igualdade entre homes e mulleres e para a loita contra a violencia de xénero. Cómpre lembrar que o departamento de Muller está a elaborar un informe sobre as accións desenvolvidas dende o Plan de Igualdade entre 2004 e 2007, que servirá de base para a elaboración dun novo plan.

Compartir: