INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Resólvese o contrato de execución do Parque de Bombeiros e remítese o expediente ao Consello Consultivo

25/02/2008 A Xunta de Goberno local acordou resolver, por causa imputable ao contratista, o contrato de elaboración do proxecto básico e de execución e da dirección da obra da nova sede de bombeiros, subscrito con Alberto Noguerol del Río. Tamén se resolve por mutuo acordo o contrato da execución das obras, subscrito coa empresa EXTRACO. Igualmente trasládase o expediente ao Consello Consultivo, para que emita o seu informe.

O informe xurídico municipal determina a imposibilidade de continuar as obras, debido á entidade dos desaxustes económicos. Por iso, estímase como "o máis oportuno, dende a perspectiva do interese público e do principio de licitación pública que rexe na contratación administrativa, a resolución deste contrato e a tramitación dun novo expediente para a conclusión das obras", que implica, obviamente, a redacción do proxecto e a adxudicación deste".

Por todo isto, determínase resolver o contrato de elaboración do proxecto básico e de execución, e da dirección da obra. Un informe técnico determinará os efectos económicos da resolución. Do mesmo xeito, resólvese por mutuo acordo o contrato de execución das obras, procedendo á recepción e liquidación das executadas.

Compartir: