DEPORTES

Actualización de tarifas en Sar e Santa Isabel

25/02/2008 Os complexos deportivos de Fontes do Sar e Santa Isabel actualizan as súas tarifas en 2008. Así o aprobou a Xunta de Goberno, coa ratificación da revisión dos prezos, que se incrementan nun 4,2%, porcentaxe correspondente ao incremento do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) entre decembro de 2006 e decembro de 2007.

A matrícula familiar queda establecida en 38,82 euros, mentres que as outras matrículas custarán 35,27 euros. Un abono mensual familiar custará 38,14 euros e un individual por este mesmo período, 31,09 euros. O abono mensual de mañás queda en 21,18 euros, mentres que o junior e o da terceira idade terán un prezo de 16,27 euros. A entrada dunha hora custará 3,55 euros e a xeral 6,41 euros.

O emprego das piscinas no verán terá un custo que vai dende os 1,77 euros para nenos de 3 a 6 anos e maiores de 60, aos 3,21 euros dos adultos e os 2,12 euros dos rapaces entre 7 e 16 anos. Unha sesión de solarium pagarase a 2,46 euros. Respecto aos cursiños para abonados, os de adultos establécense en 14,55 (2 días) e 7,21 euros (1 día), e os de nenos en 10,31 e 5,16 euros respectivamente. Para os non abonados, os cursos custarán, por un día, 29,09 ou 20,73 euros, dependendo que sexan nenos ou adultos.

Respecto ao aluguer das instalacións, utilizar o Multiusos de Sar terá un custo de 8.474, 78 euros. Alugar o hall custará 1.763,67 euros e cada día de montaxe suporá un investimento de 2.828,75 euros. Utilizar en exclusiva unha rúa de piscina custará 21,18 euros.

Compartir: