CULTURA

O público escolle o repertorio nun novo concerto da Banda Municipal de Música

22/02/2008 O programa do concerto que a Banda Municipal de Música ofrecerá o domingo 24 de febreiro será "á carta": estará composto polas cancións elixidas polos asistentes ás actuacións que a banda celebrou os días 10 e 17 de febreiro.

Un total de 25 pezas formaban o catálogo entre o que o público podía escoller as súas pezas favoritas. Esta lista estaba dividida en seis apartados diferentes: clásicos; música española; música galega; música do cine e o musical; pezas pequenas; e outras. Cada persoa puido elixir un total de dúas pezas por apartado, excepto no de outras, onde se non se estipulou ningún límite.

Co resultado obtido elaborouse o seguinte programa:

I

- Ponteareas (pasodobre), de R. Soutullo.
- Charles Chaplin (musical), de Chaplin/Delange/Willson.
- Obertura Solemne 1812, op.49, de P. I. Tchaikovsky.

II

- La Revoltosa (fantasía), de R. Chapí.
- Rapsodia Gallega, de X. Montes.
- Marcha Turca da Sonata en La maior, de W. A. Mozart.

Compartir: