SERVIZOS

Os contedores subterráneos de lixo serán sometidos a unha dobre auditoría

22/02/2008 A concelleira de Servizos, Marta Álvarez-Santullano indicou que os contedores subterráneos de lixo da cidade serán sometidos a unha dobre auditoría: unha externa encargada pola empresa concesionaria do servizo, Urbaser, e outra realizada polo propio Concello. Ao seu xuízo, estas actuacións son as axustadas para garantir a seguridade laboral dos traballadores.

Álvarez-Santullano reiterou que "non se vai a producir o precintado dos contedores" e recordou de novo que "o mantemento integral dos contedores está incluído no contrato coa empresa concesionaria". Neste sentido, insistiu en que se realizaron e se realizarán as inspeccións necesarias e se garantirán todas as medidas de seguridade.

Por todas estas razóns e en referencia á folga indefinida convocada polos empregados de Urbaser a partir do 2 de marzo, a concelleira que eles "deberán explicar á cidadanía as razóns desta folga". Así, ademais de negar que non se teñan adoptado as oportunas medidas de garantía da seguridade, tamén se referiu á queixa de falta de información dos traballadores. "Contan con toda a información e, precisamente o martes teñen un Comité de Seguridade e Saúde onde se lle facilitarán todos os informes existentes", concluíu.

Compartir: