DEPORTES

Os mellores atletas galegos de cross competirán no Monte do Gozo

21/02/2008 O domingo 24 de febreiro, un circuíto no Monte do Gozo acollerá o I Cross de Galicia. Alí daranse cita os mellores atletas galegos da especialidade.

A carreira está organizada conxuntamente pola Concellería de Deportes e a Federación Galega de Atletismo. Conta cun orzamento de 19.525 euros, dos que 13.650 serán asumidos polo Concello e 5.875 pola entidade federativa. A proba disputarase nas categorías junior, promesa, absoluto e por clubs.

O I Cross de Galicia foi presentado en rolda de prensa polo concelleiro de Deportes, Andrés Fariña. Acompañárono o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidro Hornillos; o delegado local da Federación, Iván Sanmartín; e o actual campión galego de Cross, Pedro Nimo.

Compartir: