COMERCIO

Máis de 70 comercios preinscribíronse xa en Compostela Outlet 2008

19/02/2008 Máis de 70 comercios formalizaron xa a preinscripción para participar en Compostela Outlet. II Feira do Comercio polo miudo. A feira de saldos, que se celebrará no recinto feiral de Amio, desenvólvea a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo co obxectivo de axudar aos estabelecementos de venda polo miudo a liberar as existencias de temporada.

En Compostela Outlet 2008 pode inscribirse calquera comercio polo miúdo con sede social e/ou razón comercial en Santiago, exceptuando os estabelecementos de alimentación. A adxudicación de postos aos expositores realizarase por rigorosa orde de entrada da preinscición no Rexistro Xeral do Concello, situado na Rúa Presidente Salvador Allende, 4 (Galeras). As bases do concurso establecen que se habilitará espazo para, como mínimo, 150 póstos ou stands. A solicitude coas condicións xerais de preinscripción, que xa se repartiu polos comercios de Santiago, está colgada na páxina web da Concellaría: www.maiscompostela.org.

As condicións xerais de preinscripción establecen tres posibles datas de celebración da feira de saldos, segundo a dispoñibilidade do recinto feiral de Amio: o 29 e 30 de marzo, o 19 e 20 de abril ou o 26 e 27 de abril. Os establecementos interesados en participar poden informarse no teléfono 981 542 493 ou na páxina web da Concellaría de Promoción Económica e Comercio.

Organización do Outlet
A servizo de organización de Compostela Outlet 2008 adxudicarase mediante concurso e procedemento aberto. As empresas interesadas teñen de prazo ata o 1 de marzo para presentar as súas propostas. O prezo máximo de licitación fíxase en 32.000 euros, IVE incluido. A información sobre as bases do concurso atópase en www.maiscompostela.org e www.santiagodecompostela.gal. Tamén poden solicitar información a través do teléfono 981 543 033 ou na sección de contratación do Concello de Santiago.

Compostela Outlet 2008 é a segunda feira de saldos que se desenvolve en Santiago. Pola primeira edición, celebrada en 2007 no recinto feiral de Amio, pasaron 15.624 persoas.

Compartir: