URBANISMO

Continúan as xuntanzas sectorais do PXOM

14/07/2005 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e os técnicos municipais de Urbanismo continúan o programa de pormenorizada exposición e debate do Plan Xeral do Ordenación Municipal con xuntanzas sectoriais.

As asociacións veciñais da zona rural do municipio, agrupadas en FERUSA, foron ata agora o último dos colectivos en participar nestas xuntanzas. O mércores, 13 de xullo, os membros de FERUSA atenderon ás explicacións sobre as liñas xerais deste documento urbanístico.

Ata agora participaron nesta ronda de contacto o Consello de Relacións Veciñais, o Consello de Medio Ambiente e a Feedración de Asociacións de veciños da zona rural.

O programa de explicación e debate sobre o PXOM continuará nas próximas datas con xuntanzas con grupos de promotores urbanísticos, representantes da Cámara de Comercio da cidade, Acotes, Asociación de Hostelería e Hospedaxe, Compostela Monumental, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e membros dos colexios oficiais de enxeñeiros técnicos industriais, avogados, economistas, entre outros.

Compartir: