SERVIZOS

Novas tarifas para o tanatorio de Boisaca

18/02/2008 Veñen de aprobarse as novas tarifas pola utilización do tanatorio de Boisaca. Os prezos rexistran un incremento do 7%, derivado a aplicación da subida do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) entre decembro de 2005 e decembro de 2007.

Como prezos máis salientables, a utilización da Tanatosala queda en 368 euros, mentres que o emprego do crematorio terá un custo de 270 euros. O servizo de funeral na capela realizarase a un prezo de 115 euros. Estes prezos non teñen o IVE incluído. Tamén se revisan os prezos de todos os servizos de tanatorio e camas, conservación e embalsamento, traslados ou urnas.

Compartir: