TURISMO

O acto inaugural do Fórum Gastronómico Santiago’08 abre unha semana de actividades culinarias

16/02/2008 As cociñas do Fórum Gastronómico Santiago’08 xa están a pleno rendemento. O acto de inauguración oficial do evento, celebrado esta no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, abre unha semana de actividades dedicadas á cociña e os viños, que converten a Compostela na capital culinaria de referencia para profesionais e amantes da gastronomía.

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o evento nun acto no que tamén estiveron o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias; o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal; a conselleira de Pesca, Carmen Gallego; o director xeral de Turismo, Rubén Lois, o director xeral de Produción, Industria e Calidade Agroalimentaria, Antonio Oca; ou o xerente de Turismo de Santiago, Iñaki Gaztelumendi, entre outros. Non faltaron tampouco Pep Palau e Jaume von Arend, co-directores do Fórum Gastronómico Santiago’08.

Tras o acto simbólico de inauguración, a comitiva oficial visitou as casetas do recinto feiral. En total son 5.000 meros cadrados de espacio feiral no que concorren preto de 150 empresas, produtores e distribuidores do sector da cociña e dos viños, que amosan as últimas novidades e os seus produtos máis destacados.

O Fórum Gastronómico reunirá a poñentes procedentes de todo o Arco Atlántico, dende España ata Dinamarca, pasando por Francia, Bélgica ou Brasil, que participarán en máis de 65 sesións de cociña en directo e conferencias. Así, o Fórum convertirase nun marco idóneo de encontro e de intercambio de ideas, ao redor do tema central das Cociñas do Atlántico, para os preto de 500 participantes xa inscritos. Mención especial merecen os bloggers acreditados, protagonistas dun espacio propio no Fórum.

Axenda para o domingo 17 de febreiro

11.00-12.30h. Faba de Lourenzá, mongeta do ganxet e faba de Tolosa. Aula Picadillo.
11.30-12.30h. O requeixo, tesouro gastronómico galego. Miguel Vila. Sala Ateneo.
12.00-14.00h. As cociñas do camiño. Toñi Vicente. Auditorio Compostela.
13.00-14.00h. Algas do Atlántico. Antonio Muiños. Aula Picadillo.
13.15-14.15h. Presentación da web Coas Nosas Mans, traballo coordinado por Manuel Gago e Xavier Vaz. Sala Ateneo.
16.00-17.00h. Cociñas do Mundo. Megumi Shizawa e Josep María Kao. Auditorio Compostela.
16.00-17.00h. Repostaría de Galiza. Marcos Álvarez. Aula Picadillo.
16.00-17.00h. Cata de bombóns, iniciación ao chocolate. Ariel Mendizábal. Sala Ateneo.
17.30-18.30h. Tapas, alta cociña en miniatura. Rodrigo Rozas e Marcelo Tejedor. Auditorio Compostela.
17.30-18.30h. Viaxes de Ida e Volta. Gonzalo Rei e Jorge Guitián. Aula Picadillo.
17.30-18.30h. Viños e Queixos de Galiza. Luis Padín e Carlos Cid. Sala Ateneo.
19.00-20.00h. Cociña económica (bis). Mofa e Befa. Auditorio Compostela.

Sesións da Aula de Nenos: 10.30h, 12.15h, 14.00h (inclúe a comida), 16.30h, 18.30h.

Servizo de Transporte

Haberá servizo de transporte gratuíto entre o Palacio de Congresos e os principais hoteis da cidade para os asistentes ao Fórum Gastronómico Santiago’08.

Direcciones relacionadas



Compartir: