TURISMO

José Posadas, Pepe Rodríguez, José Solla, Cristino Álvarez e Toñi Vicente, gañadores dos Premios Picadillo do Fórum Gastronómico Santiago’08

15/02/2008 O Fórum Gastronómico Santiago’08 iniciou, coa cena inaugural celebrada esta no Pazo de San Lourenzo, unha semana de actividades culinarias que farán de Compostela un dos referentes principais na oferta gastronómica do Arco Atlántico. O evento reuniu a un centenar de personalidades, entre representantes de institucións públicas, do sector privado e expertos gastronómicos, que disfrutaron dun menú preparado por chefs do Grupo Nove.

A cea estivo precedida por un monólogo de Kiko Kadaval, nun acto presentado por Mayte Cabezas. Pep Palau e Jaume von Arend, co-directores do Fórum Gastronómicos Santiago’08, e Xosé Manuel Iglesias, concelleiro de Promoción Económica e Turismo, dedicaron unhas palabras aos asistentes.

Ao acto inaugural acudiron representantes do Concello de Santiago, Xunta de Galicia, Consorcio de Santiago, Deputación da Coruña, Turgalicia, Fundación Caixa Galicia, Universidade de Santiago, Xacobeo, Sargadelos, Turismo de Catalunya, Concello de Girona, Deputación de Girona, Cámara de Comercio de Santiago, CEHOSGA, Radio e Televisión de Galicia; Patrocinadores privados (Begano, Cabreiroá), Patrocinadores técnicos (Rosareiro, Rational, Selecta, Bragard), Colaboradores (IES Lamas de Abade, Mosquera, Brea Hervés), Sargadelos, Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, xornalistas gastrónomos, directores de hoteis colaboradores, entre outros.

Premios Picadillo
Coa institución dos Premios Picadillo, a organización do Fórum Santiago’08 decidiu recoñecer públicamente a traxectoria de profesionales galegos de distintos ámbitos sempre vencellados á gastronomía.

Uns premios que reciben o nome de Picadillo na honra de Manuel María Puga y Parga -coñecido co pseudónimo gastronómico de Picadillo- escritor e político galego de finais do século XIX (Santiago, 1874 – A Coruña, 1918) que combinou o seu traballo na administración coa súa faceta xornalística no xornal coruñés El Noroeste, onde escribía sobre cociña, sendo a súa sección unha das máis lidas en na prensa de entón.

Os premios inclúen cinco categorías diferentes e nesta primeira edición foron para: José Posadas, de Marron Glacè; Pepe Rodríguez, de Adegas Galegas; José Solla, de Casa Solla, de Poio; Cristino Álvarez e Toñi Vicente, do restaurante Toñi Vicente de Santiago de Compostela.

José Posadas, de Marron Glacé, recibiu o recoñecemento ao labor constante e abnegado que permitiu convertir un froito da terra de recoñecido prestixio nun produto gourmet apreciado en todo o mundo.

A experiencia de máis de trinta anos permite a José Posadas elaborar, a partir dun proceso longo e laborioso, os Marrons Glacés e outros produtos derivados da castaña, que se converteron nunha delicatessen que exportan a todo o mundo. O galardón foi entregado por Dolores Sáez Madrid, subdirectora xeral de Estruturas Pesqueiras da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia.

Otorgouse un recoñecemento a Pepe Rodríguez, de Adegas Galegas, para honrar o seu traballo perseverante en favor da modernización da viticultura galega, así como da proxección e difusión das cualidades dos seus viños fora das fronteiras de Galicia.

Pepe Rodríguez fundou Adegas Galegas no 1995 con fin de unir a tradición vinícola, a investigación enolóxica e o respeto polas variedades autóctonas. Na actualidade, dende as súas instalacións en Meder, Adegas Galegas exporta a todo o mundo os seus produtos e atesoura os máis prestixiosos premios. O premio foi entregado por Antonio Oca Fernández, director xeral de Producion, Industrias e Calidade Agroalimentaria da Consellería de Medio Rural.

José Solla foi recoñecido polo alto nivel de profesionalidade e rigor mantido en todo momento no servizo de sala do restaurante como factor básico e indisociable de éxito da oferta hostaleira.

Pepe Solla, que rexenta Casa Solla dende o día da súa fundación no ano 1961, logrou situar o restaurante entre un dos grandes do Estado español grazas, entre outras, ao cuidado exquisito no servizo e no trato aos clientes, labor que se reservou el persoalmente ata o momento no que lle sucedeu o seu fillo. Recibió o premio de mans de Rubén Lois, director xeral de Turismo.

Cristino Álvarez recibiu o premio en recoñecemento ao traballo tenaz, enciclopédico e erudito como xornalista e escritor, baixo o pseudónimo de Caius Apicius, en pro da difusión da gastronomía galega.

Tras o pseudónimo Caius Apicius agóchase este xosnalistra gastronómico, Cristino Álvarez, que colabora habitualmente en revistas como Sobremesa e xornais como La Voz de Galicia. Fai máis de 25 anos que escribe sobre o mundo da cociña e os viños e as súas crónicas son lidas a diferentes lugares do mundo grazas á súa publicación na Agencia EFE. O galardón foi entregado polo reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro.

Toñi Vicente recibiron o recoñecemento a toda unha vida dedicada, dende o seu restaurante, en favor da cocina galega, ofrecendo pratos elaborados cos mellores produtos e contribuíendo ao prestixio internacional da cociña galega.

Toñi Vicente vencellada á cociña dende moi pequena no restaurante que o seu pai tiña en Tomiño, "Casa Delmiro", traballa incansablemente no seu restaurante Toñi Vicente, de Santiago de Compostela, para ofrecer unha cociña totalmente arraigada no territorio. Recibiu o galardón de mans do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Compartir: