RELACIÓNS VECIÑAIS

Os representantes veciñais recibiron cumprida información dos plans urbanísticos especiais

14/02/2008 O Salón Verde do Concello acolleu unha nova sesión ordinaria do Consello de Relacións Veciñais. Na mesma, explicouse o estado actual dos plans especiais de urbanismo que se están a desenvolver na cidade. A sesión estivo presidida polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Na xuntanza informouse e valorouse a situación na que están os plans especiais de Monte Redondo-Peleteiro, da futura estación do AVE, da finca do Espiño e do Casco Histórico, coas novidades producidas no rexistro de casas en ruínas e co proxecto de recuperación do antigo edificio do Pilar.

Compartir: