EIXO ATLÁNTICO

Os VI Xogos do Eixo Atlántico chegan á súa recta final

14/07/2005 Os participantes asistirán ao pregón das Festas do Apóstolo e ao concerto de David Bustamante, acto que servirá como Clausura Oficial dos Xogos.

Continúan os VI Xogos do Eixo Atlántico, que na xornada do venres 16 entrarán no seu tramo final. Neste día definiranse os equipos que disputarán as finais en cada unha das modalidades. Ademais, continúase coa oferta do programa de actividades paralelas. Coincidindo co inicio das festas do Apóstolo, invitarase a que todos os participantes que poidan asistir ao pregón, a cargo da actriz galega Teté Delgado e ao primeiro concerto previsto para este día, o de David Bustamante. Este acto servirá como Clausura Oficial dos Xogos.

O sábado 16 de xullo rematarán os xogos coa disputa das finais en cada unha das modalidades colectivas. Arredor das 18 horas, todas as seleccións regresarán á súa cidade.

Compartir: