FUNDACIÓN GRANELL

O Padroado da Fundación Granell aproba novos convenios de colaboración

13/02/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a xuntanza do Padroado da Fundación Granell. Na mesma autorizouse a formalización de dous novos convenios coa Deputación Provincial da Coruña e coas consellerías de Cultura e de Presidencia.

Na reunión procedeuse tamén á aceptación de Bernardino Rama como novo patrón da Fundación, en representación da Deputación da Coruña. Polo demais, tratáronse varios temas, como o proceso de selección para unha praza de técnico especialista en actividades didácticas, culturais e artísticas, ou a contratación do servizo se seguridade.

Compartir: