EDUCACIÓN

As escolas rurais acollen unha sesión de contacontos solidarios

12/02/2008 O mércores 13 de febreiro, nas escolas rurais de Compostela, terá lugar unha sesión de contacontos solidarios a cargo do colectivo Biscis pola Paz.

Esta sesión forma parte das actividades da Quincena da paz, a convivencia e a solidariedade, organizada pola Concellaría de Educación. Realizarase nas escolas rurais de Feáns-Villestro, Rial-Laraño, Gaioso-Eixo e Bispo Teodomiro, ás 10, 11, 12 e 13 horas, respectivamente.

Está prevista a participación de máis de trescentos escolares de Compostela nas sesións de contacontos do Colectivo Biscis pola Paz. Os nenos terán a oportunidade de escoitar "Historias das árbores atrapadoras de contos solidarios" e de coñecer o labor que desenvolve esta organización, que traballa na educación para o desenvolvemento a través de contos solidarios. Ademais, Bicis pola Paz promove dende o 1990 o transporte ecolóxico como xeito de desenvolvemento sostible a través da doazón de bicicletas para o transporte do persoal médico e da educación en máis de 23 países.

Os contacontos solidarios chegarán máis adiante a outros colexios da cidade: IES Eduardo Condal, Escola Infantil das Fontiñas, Escola Infantil de Conxo (18 de febreiro); e CEIP Colexiata de Sar (21 de febreiro).

Compartir: