CONSORCIO

A Facultade de Xeografía e Historia xa ten o documento base para estudar a súa rehabilitación

11/02/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, entregoulle á decana da Facultade de Xeografía e Historia, María del Mar Linares, o estudo realizado polos arquitectos da Aula de Rehabilitación do Consorcio que servirá de base para elaborar un Plan Director do edificio.

Na xuntanza mantida en Raxoi, o alcalde e decana falaron do estado actual do edificio, cuxa última reforma foi acometida nos anos 60. María del Mar Linares destacou que o a Facultade presenta diversos "problemas estruturais" e que é preciso que se adapte ás novas esixencias da vida académica. Neste sentido, puxo como exemplo que o Plan Bolonia demandará aulas máis pequenas, fronte as moi grandes da actualidade. Tamén se referiu a problemas de espazo e de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.

Para afrontar todas estas necesidades, a decana demandou a elaboración dun Plan Director do edificio, para o cal o estudo recibido é o primeiro paso. Corresponde agora ás autoridades académicas elaborar este Plan e fixar un calendario de futuras intervencións na Facultade.

Compartir: