XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno dará o visto bo á concesión de máis de 400 licenzas en Pontepedriña

08/02/2008 A sesión da Xunta de Goberno Local do luns 11 de febreiro terá coma un dos puntos fortes do día a concesión de licenzas para a construción de 411 novas vivendas no SUP-7 de Pontepedriña.

Así mesmo, salienta na orde do día a aprobación da prolongación da recén bautizada Avenida da Liberdade conectándoa co SUNP-22. É dicir, daráselle o visto bo ao vial de conexión entre o solo urbanizable programado número 6 (SUP-6) de Santa Marta, e o solo urbanizable non programado número 22 (SUNP-22) de Castro de Abaixo.

Compartir: