PLENO

Case 78.000 votantes están chamados ás urnas en Santiago o 9 de marzo

09/02/2008 O Pleno municipal, en sesión extraordinaria e mediante sorteo público, elixiu aos titulares e reservas de cada unha das 115 mesas electorais nas que os cidadáns depositarán o voto nos comicios a Cortes Xerais do 9 de marzo. Un total de 77.722 están chamados ás urnas en Compostela.

Ás mesas electorais correspóndelles presidir o acto da votación, controlar o seu desenvolvemento e realizar o reconto e o escrutinio. Están integradas por un presidente e dous vocais.

O sorteo informático de representantes realizouse entre a totalidade de persoas censadas en la Sección maiores de 18 anos e menores de 65 años que saiban ler e escribir. Quedan excluídos do sorteo os que alcancen a maioría de idade no prazo comprendido entre a formación das listas de electores e a votación O presidente debe ter o título de Bacharelato ou de Formación Profesional de segundo grao ou, subsidiariamente, o de Graduado Escolar ou equivalente.

Designáronse dous suplentes por cada membro da Mesa Electoral: dous por cada un dos vocais, e outros dous suplentes para o presidente de la Mesa. Aos designados polo Pleno Municipal notificaráselles a súa condición de membros de Mesa durante os tres días seguintes ao sorteo. Xunto coa notificación seralles proporcionado un Manual de Instrucións para os Membros das Mesas Electorais.

Compartir: