ALCALDÍA

Os informáticos galegos presentaron a súa nova xunta de goberno ao alcalde

09/02/2008 O Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) e o Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) veñen de constituírse a iniciativa da Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galicia (AEIG). Por este motivo, os seus integrantes foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, ao que lle presentaron as novas xuntas de goberno das dúas entidades.

Santiago de Compostela será a sede destes dous colexios profesionais. Coa súa constitución cúmprese o principal obxectivo da AEIG dende a súa creación, en 1992, coincidindo coa primeira promoción de licenciados en Informática formados en Galicia. O CPEIG está presidido por Fernando Suárez e o CPETIG por Leticia Diz.

Compartir: