MERCADOS

Mercagalicia pechou as contas de 2007 cun beneficio de máis de 76.000 euros

08/02/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o consello de administración de Mercados Centrais de Abastecemento de Santiago (Mercagalicia). No mesmo, o concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, tomou posesión como novo conselleiro da entidade e aprobáronse as contas anuais de 2007, cun saldo positivo por noveno ano consecutivo.

O beneficio en 2007 foi de 76.248 euros, despois de rexistrar un orzamento de ingresos de 630.817 euros e un capítulo de gastos de 554.569 euros. O resultado positivo unha vez sumados beneficios e amortizacións quedou en 172.596 euros.

Entre os datos de 2007 cómpre salientar os 98.228 euros correspondentes a investimentos. Outra cifra significativa é do volume de froitas, hortalizas e patacas comercializadas, que se cifrou en 14.617 toneladas.

Compartir: