URBANISMO

O Concello solicita dúas masas comúns en Sabugueira para uso veciñal

04/02/2008 A Concellaría de Urbanismo solicitará á Consellería de Medio Rural a cesión de dúas masas comúns da concentración parcelaria no núcleo de San Paio, en Sabugueira-Carballal. O obxectivo é que no seu día poidan ser dotadas do equipamento necesario para celebrar romarías e festas.

A Xunta de Goberno aprobou esta solicitude, que permitiría celebrar nestas masas comúns, entre outras, a romaría de Santa Lucía. Ademais, quedaría para utilización colectiva dos veciños desta aldea, o primeiro núcleo de poboación do Camiño de Santiago no termo municipal.

Compartir: