TURISMO

Ryanair inaugurará dúas novas rutas en Santiago de Compostela: Roma e Frankfurt

12/07/2005 Ryanair, a compañía aérea número un en tarifas económicas, vén de inaugurar dúas novas rutas que unirán os aeroportos de Santiago de Compostela coas capitais de Roma e Frankfurt. Os voos procedentes de Roma, entrarán en vigor o 30 de Outubro e terán unha frecuencia semanal de luns, mércores, venres e domingo. As saídas efectuaranse desde o propio aeroporto de Santiago ás 20.45 e coa chegada a Roma ás 23.40 horas, mentres que de Roma sairán ás 17.25 e con chegada a Santiago ás 20.20, todo por un prezo de 5,99 euros máis taxas.

En canto aos voos con destino a Frankfurt, entrarán en vigor a partir del 1de novembro, a diferenza dos de Roma. As saídas realizaranse tamén desde o aeroporto galego ás 12.55 e con chegada a Frankfurt ás 15.20, mentres que de alí sairán ás 10.00 da mañá e con chegada a Santiago ás 12.30. Todo cunha tarifa de 1,99 € e con frecuencia de tres veces por semana: os martes, xoves e sábados.

En relación a este evento, Alfons Claver, responsábel de Ryanair en España, declarou: "ata a data, 25.000 pasaxeiros voaron con Ryanair. Estamos moi satisfeitos co resultado e decidimos ampliar as operacións con dúas novas rutas para poder satisfacer as demandas dos nosos clientes".

Ryanair é a aeroliña europea número 1 en tarifas económicas, con 235 rutas de baixo custo repartidas ao longo de 21 países. Ryanair, con 12 bases europeas, opera cunha flota de 91 avións e encargou 152 Boeing 737-800 que irán chegando ao longo dos próximos 7 anos. Actualmente Ryanair dá traballo a 2.700 traballadores e ten previsto transportar a 35 millóns de pasaxeiros este año.

Compartir: