DEPORTES

Seis equipos disputarán en Santa Isabel a Copa Galega Absoluta de Waterpolo

31/01/2008 O concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, presentou a Copa Galega Absoluta de Waterpolo, que se disputa o sábado 2 de febreiro na piscina municipal de Santa Isabel.

Seis equipos participarán nesta competición, organizada polo Club Waterpolo Santiago e pola Federación Galega de Natación. En Santa Isabel estarán, ademais de dous equipos do club compostelán, a Asociación Coruñesa Waterpolo, o Club Natación Marina Ferrol, o Club Natación Padrón e o Club Natación Pontevedra.

A competición comezará ás 9:00 horas coas primeiras eliminatorias dos dous grupos previstos. Xa pola tarde celebraranse os partidos finais e a entrega de premios. Os partidos serán de catro cuartos de seis minutos cada un.

Compartir: