TURISMO

Ferran Adrià confirma a súa asistencia ao Fórum Gastronómico Santiago‘08

29/01/2008 Quen actualmente é considerado o mellor cociñeiro do mundo, Ferran Adrià, estará presente no Fórum Gastronómico Santiago’08, que se celebrará en Compostela do 16 ao 20 de febreiro.

En posesión de tres estrelas Michelin polo seu restaurante El Bulli, situado en Cala Montjoi (Roses, Catalunya), considerado como unha das cen persoas máis innovadoras do mundo e investido a finais do pasado 2007 como Doutor Honoris Causa pola Universidade de Barcelona, Adrià participará neste congreso profesional pioneiro en Europa para reflexionar sobre a actualidade e os temas de máximo interese para o sector da gastronomía.

O luns 18 de febreiro, en coincidencia co inicio do congreso profesional, Ferran Adrià será o protagonista do Diálogo que se desenvolverá a partir das cinco e media da tarde no Auditorio Compostela do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Nesta sesión, na que tamén participarán Carlos Maribona, Rafael Ansón, Pep Palau e Pau Arenós, xornalistas e prescriptores do mundo da gastronomía, xunto a profesionais da cociña e o viño, reflexionarán sobre temas de actualidade e de grande interese para o sector.

Compartir: