EDUCACIÓN

Cento setenta alumnos do Pío XII empregan xa o novo comedor do centro

28/01/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educacion, Guadalupe Rodríguez, visitaron xunto coa conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, o novo comedor escolar do colexio Pío XII. O servizo atende a 170 alumnos.

O novo comedor supuxo un investimento de 769.581 euros e está situado nunha nova planta, construída sobre o forxado dunha cuberta. A superficie útil son 491, 24 metros cadrados.

Na nova construción adaptáronse os espazos para posibilitar o acceso aos minusválidos, grazas á colocación dun ascensor. Isto contribúe ao mesmo tempo a facilitar o servizo de catering. No comedor destaca a súa amplitude e a súa luminosidade.

O Pío XII é un dos quince centros públicos de Primaria cos que conta Santiago e acolle 672 alumnos, distribuídos en 27 unidades, dos case 4.000 totais. 223 son de Infantil e 449 de Primaria. Máis de 700 alumnos benefícianse do servizo de comedor, dispoñible en trece dos quince centros educativos da cidade.

Compartir: