REHABILITACIÓN

A nova web do URBANA SANTIAGO NORTE dá a coñecer o proxecto á cidadanía

25/01/2008 A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Socorro García Conde, presentou a web www.urbanasantiagonorte.org, a páxina web do proxecto URBANA SANTIAGO NORTE que o Concello solicitará para a cidade. A páxina pretende ser un instrumento de comunicación áxil para que a cidadanía coñeza o proxecto en profundidade e poida averiguar todos os datos relativos a el.

Nun primeiro apartado que responde ao nome Proxecto USN, atópase explicacións sobre que é o USN, cales son as zonas de actuación, por qué se situou o proxecto en Santiago Norte, cales son as áreas de actuación, así como a importancia da participación cidadá e un listado de preguntas máis frecuentes. Este aparatado complétase con recursos para ampliar información sobre as iniciativas europeas urbanas e documentación de interese.

A páxina complétase con outros tres apartados: Apoios, que enumera todas as institucións e entidades sociais que apoian a solicitude de que Santiago sexa unha das tres cidades galegas que reciba este programa; Actualidade, que englobará todas as novas que aparezan en relación ao programa; e unha terceira cun Foro cidadá no que se espera que todos os que visiten a páxina deixen as súas opinións e suxestións relacionados co proxecto USN.

URBANA SANTIAGO NORTE
A iniciativa URBANA SANTIAGO NORTE é promovida dende o Concello de Santiago e ten como ámbito de actuación os barrios máis antigos e tradicionais da zona Norte: Vista Alegre, Romaño, Vite, Guadalupe, Salgueiriños, San Caetano, Basquiños, Ultreia, Espirito Santo, Estila, Almáciga, San Pedro, Concheiros e Belvís e Quiroga Palacios.

Para Galicia reservaranse tres programas, para tres cidades, que atinxirán un total de máis de 27 millóns de euros. Actualmente, Compostela compite con outras cinco cidades galegas que xa anunciaron que tamén presentarían candidaturas para conseguir desenvolver proxectos dentro da iniciativa URBANA. A presentación cidadá do proxecto farase nun acto que terá lugar o vindeiro xoves, 31 de xaneiro, ás 20:00 horas, no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música, na Rúa Monte dos Postes.

Direcciones relacionadas



Compartir: