CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Concello dá continuidade ao programa de dinamizadores dos centros socioculturais

21/01/2008 A Xunta de Goberno aprobou o programa "Dinamizadores 2008" para o período comprendido entre xaneiro e xullo. O obxectivo desta iniciativa é o desenvolvemento de actividades culturais e de tempo libre nos centros e locais socioculturais que permitan a colaboración do voluntariado.

Este programa é unha proposta aberta á participación cidadá, conformada por un total de 36 puntos de intervención social. Pretende colaborar na dinamización e no impulso de accións socioculturais, así como a recollida de suxestións e necesidades dos contornos sociais. O seu orzamento é de 50.984 euros.

Deste xeito dáse continuidade a unha iniciativa que é "imprescindible para manter o nivel dos programas dos centros socioculturais", en palabras do voceiro da Xunta de Goberno, Néstor Rego.

Compartir: