FESTAS

O Antroido de Compostela contará cun orzamento de case 119.000 euros

21/01/2008 As actividades previstas para o Antroido 2008, organizadas pola Concellaría de Festas, contarán cun orzamento de 118.914 euros. Nesta cantidade inclúese o pregón, o desfile do martes de Antroido, os bailes infantil e de adultos, a queima do Meco e diversas actividades nas rúas e prazas entre o 2 e o 6 de febreiro.

Un total de 12.200 euros destinarase aos premios do desfile de martes de Antroido, nas categorías de carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual. O prazo para inscribirse nesta actividade está aberto ata o 4 de febreiro ás 14:00 horas. O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentará en breve o programa para esta celebración.

Compartir: