ALCALDÍA

Listo o proxecto técnico do terceiro carril do Periférico

18/01/2008 O Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento xa ten listo o proxecto do que será o terceiro carril do Periférico. Así o anunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen se felicitou porque tamén saia adiante o cuarta das infraestruturas previstas no convenio asinado con Fomento en 2005.

"Este proxecto queda en liña de saída para ser licitado e a ocupación dos terreos prevese para maio ou xuño", indicou Sánchez Bugallo. Deste xeito, ampliarase a tres carrís o tramo do Periférico entre os puntos quilométricos 1,480 e 2,080. Esta obra permitirá aliviar a saturación de tráfico nas horas punta no enlace do polígono industrial do Tambre con San Lázaro e coa autoestrada AP-9. O orzamento da obra será de 3,8 millóns de euros e o previsto para expropiacións 214.000 euros.

Posta en marcha esta actuación, só queda do devandito convenio a duplicación da ponte de acceso ao polígono do Tambre. Ademais o alcalde indicou que se está a traballar para incluír una nova obra, inicialmente non prevista. Trátase dun túnel baixo a rotonda de Conxo.

Paso inferior do Hórreo
Respecto doutra das obras previstas no acordo, a do paso inferior do Hórreo, Sánchez Bugallo cualificou como "inaceptable" o prazo de 41 meses formulado por Fomento e indicou que "responde a razóns orzamentaria, nunha obra de 20 millóns de euros, e non á duración das obras. Para a alcalde, "isto non quere dicir que ese sexa o prazo de execución e traballaremos para que sexan os 24 contemplados no proxecto inicial". "Hai marxes para reducir prazos e anticipar partidas", recalcou.

Compartir: