CULTURA

A cellista Natalia Gutman acompaña á Real Filharmonía nun novo concerto no Auditorio

16/01/2008 Un novo concerto de abono da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia acolle a actuación da recoñecida violoncellista alemá Natalia Gutman, gañadora de diferentes premios internacionais, como o Munich ARD, en 1967. Dende entón foron moitas as xiras que fixo xunto con prestixiosas orquestras de Austria, Alemania, Rusia e Gran Bretaña.

Gutman interpreta xunto á orquestra compostelá un concerto para violoncello de Haydn que permaneceu oculto durante 200 anos. A historia do Concerto para violoncello en Do maior de Haydn pasou por non poucas vicisitudes. En 1961, no Museo Nacional de Praga, descubríase un manuscrito desta peza, que se cría perdida para sempre. Tratábase, polo tanto, dunha partitura que levaba 200 anos sen interpretarse, polo que a expectación que xerou foi moi grande.

Baixo a batuta do mestre titular, Ros Marbà, a Real Filharmonía tocará un programa que inclúe, ademais da peza para cello de Haydn, a Obertura para O Barbeiro de Sevilla, do compositor catalán Ramon Carnicer, e a coñecida Sinfonía "Praga", de Mozart. O mesmo programa repítese ao día seguinte, venres18, no Centro Cultural Caixanova de Vigo.

Compartir: