CIDADE

Concentración silenciosa no Obradoiro

08/07/2005 Varias ducias de cidadáns sumáronse á concentración silenciosa que, como noutros lugares de España, tivo lugar durante a mañá do venres 8 diante da Casa Consistorial na Praza do Obradoiro, en repulsa aos atentados acontecidos en Londres o 7 de xullo.

Como mostra de condena, rexeite e solidariedade cos cidadáns británicos, ante os brutais atentados terroristas perpetrados en Londres, o Concello de Santiago, atendendo ao chamamento da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), invitou a todos os composteláns a participar na concentración silenciosa de 5 minutos diante da Casa do Concello, o venres 8 de xullo, ás 12.00 horas.

Toda a corporación municipal, o vicepresidente segundo da Xunta de Galicia en funcións, José Manuel Barreiro, así como os líderes do PSdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño, e do BNG, Anxo Quintana, sumáronse a esta concentración silenciosa, á que precedeu a lectura dunha declaración institucional por parte do alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Documentos relacionados



Compartir: