ALCALDÍA

Concello e Deputación formalizan unha achega de 825.000 euros para o financiamento do persoal e funcionamento do parque de bombeiros de Santiago

26/12/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, asinaron no Pazo de Raxoi o convenio polo que se financian os gastos de persoal e funcionamento do parque comarcal de bombeiros de Santiago, que da servizo tamén aos concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Padrón, Rois, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Con esta sinatura faise efectivo o pago de 825.865, que achega a Deputación da Coruña para financiar os gastos de persoal e funcionamento do parque das anulidades de 2003 a 2007. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, amosou a súa satisfación por ter materializado o acordo mentres que o presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, sinalou que trata dun día especial para o organismo que preside posto que contibuiu con este convenio a mellorar o funcionamento do parque comarcal de Santiago.

Antes da sinatura do convenio marco para a construción dun novo parque de bombeiros en Santiago, a plantilla era de 57 bombeiros, cuios gastos sufraga o Concello de Santiago; o convenio permitiu ampliar o plantel en 19 traballadores máis para dar sevizo aos concellos da comarca. Este incremento dos gastos en persoal repártese dacordo coas seguintes porcentaxes: Deputación provincial, 40%; Xunta de Galicia, 40%; e os municipios de Ames, Boqueixón, Brión, Padrón, Rois, Teo, Val do Dubra e Vedra, 20%.

Compartir: